A nosa acreditación

 Logo de 7 cursos académicos con proxectos de innovación e internacionalización Erasmus +, a escola ven de conseguir a Acreditación Erasmus +, un recoñecemento que proporciona financiación estable ata o ano 2027 para que o noso alumnado e profesorado poidan facer mobilidades a outros países europeos para mellorar a súa competencia lingüística, dixital, de participación democrática e conciencia medioambiental así para como avanzar xuntos/as no eido da inclusión e a innovación educativas.


Cales son os obxectivos da nosa acreditación?

1) Mellorar e ampliar a competencia dixital, implementando novas modalidades de formación mixta ou a distancia e superando a fenda dixital.

2) Intensificar a internacionalización da EOI, afondando nas competencias plurilingües, pluriculturais e de sentimento europeo da comunidade educativa a través da mediación lingüística.

3) Mellorar a inclusión dentro da comunidade educativa, implementando medidas que teñan en conta os distintos ritmos e formas de aprendizaxe e o alumnado con necesidades especiais.

4) Seguir mellorando a práctica docente mediante a innovación metodolóxica, e os procesos de avaliación formativos e certificadores.



Comentarios

Publicacións populares