Proxectos anteriores

 A participación do noso centro no programa Erasmus + remóntase ao ano 2014, ano de inicio do primeiro dos 4 proxectos enmarcados na Acción clave 1 do Programa Erasmus+ 2014-2020 de educación, formación, xuventude e deporte. 


 "Impulso á cohesión europea dende o plurilingüismo" desenvolveuse do 2014 ao 2016 a través de 45 mobilidades do profesorado que tiveron un impacto positivo na calidade da formación, avaliación e certificación de idiomas que ofrecemos no centro, así como na consideración social da aprendizaxe ao longo de toda a vida e a percepción da dimensión europea da nosa xa centenaria institución.


No bienio 2016-18 desenvolvemos o proxecto  "Cooperación e dinamización para mellorar o ensino de linguas a adultos en Europa" con 18 mobilidades que deron sostibilidade ao impacto do proxecto comezado en 2014.


O seguinte proxecto, desenvolto no bienio 2018-20, “Haciendo realidad la escuela del futuro: innovación, inclusión y calidad"    permitíu realizar 11 mobilidades do profesorado para avanzar nas áreas de mellora dos anteriores proxectos e abrir un novo itinerario de formación: a inclusión.



Durante o período 2020-2023, en plena pandemia do COVID-19, desenvolvemos o proxecto “AVALÍA. Mellorando a aprendizaxe de idiomas a través da avaliación formativa", cuxo impacto segue a ser tanxible grazas a Coordinación de avaliación formativa (AF) do centro, encargada de elaborar materiais e formar ao profesorado para implementar principios, estratéxicas e técnicas de AF nos procesos de ensino e aprendizaxe que teñen lugar no centro.

Comentarios

Publicacións populares