CONVOCATORIA DE MOBILIDADE PARA ALUMNADO


A EOI de Santiago convoca 10 prazas de mobilidade para alumnado ao abeiro do Proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA121-ADU-000208479.

A mobilidade consiste nunha estadía formativa de 8 días en Dundalk, Irlanda, mediante observación e inmersión cultural nun centro educativo, con obradoiros e visitas a lugares de interese histórico e cultural.

O aloxamento será con familias residentes da zona de Dundalk, o que permitirá a inmersión na cultura irlandesa.

A lingua da actividade é o inglés.

O alumnado irá acompañado de 2 profesoras da EOI de Santiago.

DATAS DA MOBILIDADE: do 12 ao 19 de abril de 2026.

A axencia nacional de xestión das mobilidades Erasmus+ (SEPIE) subvencionará os gastos de viaxe dende Santiago a Dundalk, as actividades, aloxamento, manutención en traslados en Irlanda, e o seguro da viaxe.

REQUISITOS
•    Ser maior de idade (18 anos cumpridos).
•    Estar matriculado/a en calquera idioma na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela ou nalgunha das súas seccións (Sar, Negreira, Noia,Ordes, Ribeira) ou no programa That’s English no curso 2025-2026.
•    Ser cidadáns europeos ou extracomunitarios con permiso de residencia en España cuxa lingua materna non coincida coa(s) lingua oficial(is) do destino da mobilidade.
•    Ter a documentación necesaria para viaxar ao país antes do remate do prazo de entrega de documentos.
•    Ter certificado o nivel B2 ou superior de inglés expedido por unha escola oficial de idiomas, ou ter accedido ao nivel C1 por proba de clasificación ou por acceso directo por titulación.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As solicitudes deberán presentarse en papel xunto coa documentación xustificativa no rexistro de entrada da secretaría do centro.
Tamén poderán enviarse ao enderezo de correo-e secretaria@eoisantiago.org, no prazo establecido, xunto coa documentación xustificativa completa en formato pdf: o formulario de inscrición debidamente cumprimentado e a declaración de veracidade documental e compromiso, e unha copia do seu documento de identidade (DNI ou NIE). Rotule adecuadamente o asunto do correo (por exemplo: Asunto: inscrición Mobilidade alumnado Pedro Smith García)

O prazo de presentación de solicitudes é do 20 de outubro ao 5 de novembro.


XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL
O alumnado deberá aportar a documentación xustificativa da súa situación para ser tida en conta no baremo de puntos achegada co formulario de solicitude e a antigüidade no centro do alumnado solicitante

As persoas seleccionadas pagarán un depósito de 100 euros non recuperables en caso de renuncia á mobilidade tras emitir os billetes.

A EOI de Santiago resérvase o dereito a excluír a unha persoa solicitante en calquera momento do proceso de selección se nalgún momento se comproba algunha incidencia que poña en dúbida a autenticidade da documentación ou a información achegada na solicitude.


Texto completo da convocatoria

Formulario de inscrición

Declaración de veracidade e compromiso

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares