Concesión dun proxecto Erasmus KA121

 Boas novas!

A escola ven de acadar unha axuda de 16.120 EUR para desenvolver un proxecto enmarcado na nosa acreditación grazas ao que o noso profesorado poderá participar en ata un máximo de 8 eventos formativos e 2 estadías de observación en institucións en países da UE relacionados coas áreas de interese da nosa acreditación: a inclusión, a dixitalización, a internacionalización e a avaliación.

O proxecto terá unha duración de 15 meses prorrograble ata 24 e toda a información sobre as mobilidades e o seu impacto será publicada neste blog.


Comentarios

Publicacións populares