Congreso de EALTA en Helsinki

 Cristina Rodríguez, profesora do departamento de inglés, ven de participar no congreso da European Association for Language Testing and Assessment (EALTA) sobre avaliación de linguas celebrado en Helsinki do 13 ao 18 de xuño. 

Velaquí un resumo da súa experiencia a través de varias preguntas:

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Un dos contidos máis relevantes foi a miña participación nun obradoiro sobre a avaliación da competencia interaccional. Tamén, entre as moitas presentacións ás que asistín, diría que dúas das máis destacables foron unha sobre o efecto das emocións na avaliación e outra sobre a avaliación utilizando a intelixencia artificial.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Síntome afortunada de poder relacionarme con expertos en avaliación cos que puiden falar sobre o panorama cambiante no ensino e avaliación de linguas.
Que cres que podería mellorar?
Nada!
En xeral, que balance fas desta mobilidade?

Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que non o pensen. É unha oportunidade única. 


Comentarios

Publicacións populares