Novas mobilidades para avanzar na inclusión e na innovación.

  A partir da semana que ven e ata principios de maio, catro profesoras da nosa escola realizarán mobilidades a diferentes países europeos para participar en eventos formativos relacionados coa inclusión e a innovación.

De esquerda a dereita: Matilde, Carla, Laurence e Teresa

𝐓𝐞𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐌𝐨𝐫𝐚𝐥𝐞𝐣𝐨, xefa de estudos, viaxará a Berlín para facer un curso sobre avaliación formativa no que aprenderá boas prácticas para axudar ao alumnado a ter control do seu progreso.

𝐂𝐚𝐫𝐥𝐚 𝐃𝐞𝐜𝐡𝐚𝐧𝐭, profesora de inglés e coordinadora de avaliación formativa, relizará un curso en Dublín sobre resiliencia e benestar profesional, o que contribuirá a mellorar a cohesión da comunidade educativa e o clima no centro.

𝐋𝐚𝐮𝐫𝐞𝐧𝐜𝐞 𝐆𝐮𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬, xefa do departamento de francés, participará nunha actividade en Malta sobre o potencial da intelixencia artificial no ensino de idiomas e os retos que o seu uso plantexa.

𝐌𝐚𝐭𝐢𝐥𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐛𝐚𝐬, xefa de estudos da sección de Ordes, viaxará a Budapest para facer unha formación sobre os procesos cerebrais que se poñen en funcionamento cando aprendemos idiomas e as estratexias necesarias para activalos.

Logo das mobilidades, as profesoras compartirán o aprendido durante as súas experiencias Erasmus coa comunidade educativa en diferentes encontros para que esta acreditación teña un impacto sostible.

Comentarios

Publicacións populares