Curso sobre resiliencia e benestar docente en Dublín

  Carla Dechant, profesora do departamento de inglés, realizou un curso en Dublín sobre resiliencia e benestar docente grazas ao que afondou na xestión das emocións, en estratexias para unha mentalidade positiva e resiliente. Velaquí máis detalles da súa experiencia formativa.





Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Xa que os contidos programados non foron tratados, é difícil de dicir.  Coido que o que máis utilidade ten é o proceso de reflexión e o diálogo cos participantes.  Diría que elas (que foron todas mulleres) crearon os contidos in situ mediante as súas conversas e experiencias.  Houbo pinceladas de contido en forma de "leccións de vida" para mellor o noso benestar, a máis relevante sendo "Cando dis que 'si', a que aspecto da túa vida (profesional ou persoal) estás a dicir que 'non?" Outro elemento útil era a reflexión sobre o grao de satisfacción nas áreas principais da vida (apoio profesional,  tempo para un mesmo, nutrición, movemento, horas persoais, apoio do círculo persoal, etc).  Por último, houbo un enfoque en como podemos reformular a voz negativa que escoitamos nunha voz positiva.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
O intercambio de experiencias cos demais participantes que ven de países e modalidades de ensinanza e responsabilidades distintas.  A "cohesión" e diálogo aberto, fluído e sincero cos participantes sobre os aspectos do noso traballo e vida persoal que contribúen o dificulten o noso benestar en xeral.  A reflexión sobre os nosos desafíos máis salientes do traballo e da situación persoal.  Os demais participantes foron os que deron calidade o curso, máis que os contidos tratados.  Diría que, mirando o título do curso, que grazas a elas houbo melloría no meu benestar e fortaleza persoal.
Que cres que podería mellorar?
A organización do curso e os contidos tratados non foron os que se publicaron no programa.  De feito, de todos os contidos, só dous deles, e de maneira moi xeral foron tratados, a pesares de que os participantes mesmos pedimos explicitamente que se tratara os contidos no programa.  Dous deles (growth mindset and life cycle of an emotion) foron tratados moi rapidamente o último día e un deles (appreciative inquiry) non foi tratado porque a instrutor dixo non contar con experiencia na materia.  Maior ferramentas prácticas para levar á aula e ao profesorado para crear impactos.  Estas ferramentas foron solicitadas en varias ocasións ante a petición a encargada do curso comentou que non era formadora de profesorado.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Pouco satisfactorio
Recomendarías este curso a outros profesores?
Non
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Levo anos participando en mobilidades e estadías Erasmus e o balance é moi positivo.  De feito, independentemente do grao de satisfacción cun curso en específico, son todas experiencias que impactan sobre a docencia e sobre a nosa visión internacional.  Diría que todo o profesorado debería gozar dunha mobilidade para coñecer sistemas educativos e profesorado fóra de España. Grazas a estas mobilidades, puiden ampliar a miña rede profesional o cal impacta positivamente sobre a miña docencia.


Comentarios

Publicacións populares