Acto de recoñecemento a centros Acreditados Erasmus+ en Galicia

 O director da nosa escola, Gonzalo Constenla, asistiu onte na Cidade da Cultura ao acto de recoñecemento aos centros educativos galegos  que conseguiron a mención de calidade que supón a Acreditación Erasmus+, entre os que se atopaba representación das escolas de idiomas de Vigo, Coruña e da nosa.



Durante o transcurso do acto, celebrouse un pequeno coloquio no que, tres persoas directoras, entre elas Gonzalo, reflexionaron sobre a importancia de contar coa Acreditación, "unha extraordinaria ferramenta de transformación, innovación e mellora para as nosas institucións", en palabras do noso director.




O próximo año lectivo, a nosa Acreditación Erasmus+ traerá importantes novidades!

 Ficade atentas/os‼

Comentarios

Publicacións populares