Curso sobre Brain-Based Learning en Budapest

 Matilde Cobas, xefa de estudos da sección de Ordes, realizou un curso de formación sobre a teoría de aprendizaxe baseada no cerebro no que se amosaron técnicas e estratexias que axudan a mellorar o almacenamento na memoria a longo prazo.

 

 
No caso dos eventos formativos, cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Como funciona a atención, procesos de elaboración, fluxo creativo, técnicas de memoria.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
O bo ambiente que se creou entre os participantes, que propiciou o establecemento de contactos interesantes para futuras mobilidades. A profesionalidade da docente, que fixo as sesións moi instrutivas e amenas.
Que cres que podería mellorar?
O curso estivo moi ben organizado. Cumpriu as miñas expectativas.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
É unha boa oportunidade para o crecemento profesional e persoal, xa que permite actualizar os coñecementos de didáctica, á vez que se amplía a rede de contactos profesionais e se visita unha cidade no estranxeiro.

Comentarios

Publicacións populares