Concesión dun novo proxecto Erasmus 2024/25

 Boas novas!

A escola ven de acadar unha axuda de 54.855,00 EUR para desenvolver un proxecto enmarcado na nosa acreditación Erasmus, a través do que alumnado e profesorado poderán participar en eventos formativos en institucións de países da UE. Estas mobilidades estarán relacionadas coas áreas de interese da nosa acreditación: a inclusión, a dixitalización, a internacionalización e a avaliación.

O proxecto terá unha duración de 15 meses prorrograble ata 24 e constará das seguintes actividades de formación:

  • 1 estadía de aprendizaxe para un máximo de 10 alumnos con 2 docentes acompañantes durante 12 días nunha centro de ensino nun país europeo.
  • Ata un máximo de 12 cursos de formación
  • 2 estadías de observación nun centro educativo ou institución educativa
  • A visita de 2 días dunha persoa experta en intelixencia artificial

 Toda a información sobre estas actividades e o seu impacto será publicada neste blog.


Comentarios

Publicacións populares