Curso sobre Intelixencia Artificial en Split, Croacia

Gonzalo Constenla, o noso director, ven de realizar un curso de 6 días de duración na cidade de Split (Croacia) sobre o uso da Intelixencia Artificial aplicado ao ensino e á aprendizaxe de linguas. 

 


Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Tratouse de un evento formativo na cidade de Split (Croacia) sobre o uso da Intelixencia Artificial aplicado ao ensino e á aprendizaxe de linguas

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
O emprego da IA artificial para a avaliación e o feedback; para crear materiais de aula orixinais e diferenciados; para implicar o alumnado no uso activo da lingua; para crear prompts eficientes; para crear programacións de aula e probas, etc.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
 Á parte de novos contidos aprendidos e postos en práctica, o intercambio con outro profesorado europeo sobre metodoloxía, xestión de programas europeos ou emprego das novas tecnoloxía.

Que cres que podería mellorar?
  Poder dispor a posteriori da presentación, moi completa, que empregou a profesora.

En xeral, que balance fas desta mobilidade? Moi satisfactorio

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?

Que non o dubiden, posto que sempre é unha boa oportunidade para aprender, compartir e mellorar. É moi estimulante poder intercambiar puntos de vista con compañeiros/as doutros países, nun ambiente formativo inmersivo, sen ter que o compatibilizar con obrigas laborais.




Comentarios

Publicacións populares