Sesión de posta en común

 Onte tivo lugar unha sesión de posta en común de experiencias en tres mobilidades Erasmus enmarcadas na nosa Acreditación.

Tina González, xefa do departamento de italiano, compartíu o aprendido nunha estadía de observación en Romanica, unha academia de lingua e cultura italiana en Módena (Italia). Destacou a importancia de integrar referencias socioculturais de forma sistemática no só nos materiais didácticos; tamén nas dinámicas de grupo, na organización de actividades extraescolares e nos espazos de aula.



Cristina Rodríguez, profesora do departamento de inglés, expuxo a súa experiencia no Congreso sobre avaliación de idiomas no Congreso EALTA en Helsinki (Finlandia) no que asistíu a conferencias sobre as aplicacións da intelixencia artificial na avaliación e os retos que o seu uso implica, a competencia interaccional e o impacto do factor afectivo no rendemento do alumnado.


Teresa Moralejo, xefa de estudos, amousou estratexias, técnicas e ferramentas de avaliación formativa logo dun curso sobre este enfoque en Berlín.


Grazas as tres polas vosas achegas!

Comentarios

Publicacións populares