Curso sobre avaliación formativa en Berlín

Teresa Moralejo, a nosa xefa de estudos, ven de realizar un curso sobre avaliación formativa en Berlín e comparte connosco as súas impresións.


Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Un curso sobre avaliación formativa de 6 días  en Europass Teacher Academy
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
As reflexións sobre a aprendizaxe centrada no alumnado e as ferramentas de avaliación formativa coas que traballamos, moi sinxelas de usar.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Compartir boas prácticas con outros compañeiros, reforzar coñecementos sobre avaliación formativa e confirmar a formación de calidade que temos na nosa EOI.
Que cres que podería mellorar?
Por imprevistos de última hora, o número de participantes no curso foi menor do esperado
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores? Sen dúbida
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que non o dubiden e se animen a participar no programa Erasmus+ facendo un curso de formación ou unha estadia de observación.



 

 

Comentarios

Publicacións populares