Estadía de observación e Munich
Dolores Gómez, profesora do departamento de inglés, viaxou a Munich, Alemaña, para participar nunha estadía de observación de 5 días, do 21 ou 25 de outubro, no SDI München, un centro de traducción e interpretación, de formación profesional de idiomas e entidade responsable da Universidade de Linguas Aplicadas do SDI.
En que consistíu a túa mobilidade?
Tratouse dunha estadía de observación para conocer unha institución alemana que oferta ensino medio de linguas aplicadas, ensino profesional de linguas aplicadas e facultades de tradución e interpretación. Como describirías o centro?
A SDI München é un centro “concertado” que se coñece como Fachademie, isto é, unha escola profesional de linguas aplicadas, neste caso, un centro de formación profesional técnico de linguas aplicadas á economía fundamentalmente. Creado despois da Segunda Guerra Mundial, añadiu posteriormente unha facultade de tradución e unha Berufsfachschule, coa que o alumnado pode acceder a un exame estatal para obter unha certificación. Na actualidade ofertan entre outros, Máster Internacional de Español como Lingua Estranxeira, un Máster de de Interpretación entre Chino e Alemán.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
A experiencia ten sido moi positiva, con moito aprendizaxe sobre o sistema educativo bávaro en particular e alemán en xeral. Fun quen de observar docencia de disciplinas moi alonxadas da miña práctica profesional e compartir impresiones con colegas alemanes. Todos me acolleron con agrado e respondieron a todas as miñas dúbidas.
Que cres que podería mellorar?
Nesta ocasión considero que o punto de mellora sería pola miña parte, xa que podería ter acadado un mellor nivel de lingua alemana previamente. Ainda así, tamen considero que é moi útil experimentar o papel de unha persoa que non entende todo o que se di ao seu arredor e que vai facer uso de todas as estratexias de aprendizaxe de linguas nas que tanto se fai fincapé.
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Diríalles que unha gran parte do éxito da mobilidade radica na interacción entre profesorado, e que estar nun contexto alleo sempre é moi enriquecedor.
Comentarios
Publicar un comentario