Posta en común de tres mobilidades

 Esta tarde tivo lugar unha sesión de posta en común de experiencias en tres mobilidades enmarcadas na nosa Acreditación Erasmus 2021/27.


Carla Dechant, xefa de recursos e profesora do departamento de inglés, falounos da súa experiencia nun curso sobre resiliencia e benestar profesional que tivo lugar en Dublín en marzo. Carla explicounos a importancia de reflexionar sobre as dimensións do benestar cunha mentalidade de crecemento e proporcionounos fórmulas que poden axudarnos a afrontar retos e desafíos con éxito.


Matilde Cobas, xefa de estudos en Ordes e profesora do departamento de inglés, compartíu o aprendido nun curso sobre a aprendizaxe baseada no cerebro, celebrado en Budapest en maio. Matilde fixo unha exposición moi clara dos fundamentos deste enfoque e facilitounos estratexias e técnicas útiles para axudar ao alumnado a recordar e usar o aprendido a longo prazo.


Laura Iglesias, profesora do departamento de inglés, amosou ferramentas dixitais coas que se familiarizou logo dun curso en Lisboa sobre como fomentar “as 4Cs”, a  comunicación, a colaboración, o pensamento crítico e a creatividade. Goose Chase, Slido, Mentimeter, Classroomscreen e Mindmeister son algunhas das aplicacións que permiten fomentar estas habilidades dun xeito lúdico. 


 
 Grazas ás tres polas vosas achegas!

Comentarios

Publicacións populares