Obradoiro de Audacity
Onte tivo lugar un obradoiro de edición de audio no que Fernando Fernández, profesor do departamento de inglés, explicounos como empregar Audacity para editar audios e as súas novidades con IA, que permiten eliminar ruidos, xerar transcricións e incluso música.
Con esta formación avanzamos non só na dixitalización; tamén na avaliación e na inclusión, 2 liñas prioritarias da nosa Acreditación Erasmus 2021/27 xa que poderemos mellorar a calidade dos audios para tarefas de aula e de exame e ofrecer múltiples formas de representación da información segundo as necesidades de cada alumno/a.
Grazas, Fernando, por unha sesión tan amena coma útil!
Comentarios
Publicar un comentario