Posta en común de 2 cursos Erasmus sobre IA no ensino e aprendizaxe de idiomas
Onte pola mañá tivo lugar unha posta en común de 2 mobilidades Erasmus relacionadas co uso da Intelixencia Artificial no ensino de idiomas.
Laurence Guillas e Gonzalo Constenla, logo de realizar un curso en Malta e en Croacia, respectivamente, foron quen de compartir co profesorado participante nun seminario de formación sobre IA o aprendido sobre:
- Que é a IA
- Por que usala para a aprendizaxe e para que
- As apps IA específicas para o ensino (de linguas)
- Outras ferramentas IA de uso gratuíto
- A redacción de prompts efectivos
- IA e inclusividade
- Ética e seguridade
Grazas por unha sesión moi inspiradora!
Comentarios
Publicar un comentario