Posta en común de dúas estadías de observación
Esta tarde tivo lugar unha nova sesión de posta en común de mobilidades Erasmus. Nesta ocasión, o foco estivo posto en dúas estadías de observación realizadas por dúas profesoras do departamento de inglés.
Marta Portela, xefa de estudos da sección de Negreira, visitou en maio o Cork Education Training Board (ETB), unha institución encargada de xestionar centros educativos de adultos, comunitarios, de formación profesional, cursos ponte conducentes a estudos universitarios e algúns centros de primaria e secundaria do condado.
Marta tivo a oportunidade de entrevistarse con profesorado e alumnado de diferentes especialidades e de observar diferentes metodoloxías e recursos. Quedou gratamente sorprendida pola existencia dun servizo de orientación para ofrecer ao alumnado asesoramento académico e laboral persoalizado e tamén polo alto grao de implicación do alumnado adulto na comunidade a través do Learners' Voces Group, unha asociación que organiza eventos, elabora materiais e promove iniciativas de mellora.
Dolores Gómez visitou o pasado outubro o SDI München, un centro de traducción e interpretación, de formación profesional de idiomas e entidade responsable da Universidade de Linguas Aplicadas do SDI.
Dolores tivo unha acollida excepcional por parte da persoa directora, que lle explicou como funciona o sistema educativo alemán e que tipo de estudos ofrece o centro. Ademáis, puido observar aulas de español e de inglés como segundo idioma, analizar a súa metodoloxía e compartir connosco exemplos de boas prácticas de aula.
Comentarios
Publicar un comentario