Curso de inverno en Innsbruck sobre avaliación e elaboración de probas
Cristina Rodríguez, profesora do departamento de inglés, participou na II Escola de inverno da Asociación Europea para avaliación e elaboración de probas de idiomas (European Association for Language testing and Assessment, EALTA) que tivo lugar na Universidade de Innsbruck, Austria, do 9 ao 13 de decembro.
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Foi moi interesante comprobar a maneira na que se poden avaliar as tarefas de forma comunicativa e integrada, e confirmar que a avaliación non ten por que estar distanciada da docencia.
Que podes dicir do centro que visitaches?
Foi unha oportunidade marabillosa poder visitar este centro en Austria. Síntome afortunada. A Universidade de Innsbruck organiza eventos formativos de moitísima calidade.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Todo estivo moi ben: o lugar, a interacción coas outras persoas asistentes provenientes de lugares moi diversos do mundo, os contidos do curso, a calidade profesional e cercanía dos formadores... A experiencia no seu conxunto foi totalmente positiva.
Que cres que podería mellorar?
Non se me ocorre nada, excepto que o tempo fíxose curto para todo o que había que tratar no curso. Podería ter unha duración un pouco máis longa.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto. Non só o recomendo, creo que é fundamental poder participar neste tipo de formacións, e síntome afortunada de poder facelo.
Comentarios
Publicar un comentario