Obradoiro sobre a configuración de tarefas en Moodle

 Hoxe avanzamos na dixitalización e na mellora da avaliación coa a 1ª de 3 sesións formativas que terán lugar ao longo do curso sobre funcionalidades e ferramentas de Moodle, a plataforma na que se aloxan as nosas aulas virtuais.

Da man de Manuel del Río e Marta Portela, integrantes do equipo de dinamización do noso Plan Dixital de Centro (PDC), repasamos como configurar tarefas en Moodle para avaliar ao alumnado formativamente. Ademais de ter en conta os tipos de tarefa que se poden crear, aprendimos a configurar os tipos de entrega, de retroalimentación e de cualificación avanzada, o que resulta moi útil para axudar ao alumnado a ser máis consciente e responsable do seu progreso.






Moitas grazas, Manuel e Marta, por unha sesión tan útil e proveitosa!


Comentarios

Publicacións populares