Curso en Roma sobre IA no ensino e aprendizaxe de idiomas

 María Luisa Rodríguez, profesora de inglés na sección de Sar participou do 10 ao 15 de marzo nun curso en Roma sobre como empregar a IA para mellorar o proceso de ensino e aprendizaxe de idiomas.


 En que consistíu a túa mobilidade? 

Realicei n curso sobre a intelixencia artificial e a súa relación coas 6 Cs (Creatividade, pensamento Crítico, Comunicación, Colaboración, Carácter e Cidadanía), para un ensino máis dinámico, moderno e futurista.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
As vantaxes da IA, distintas Apps que se basan nesta, consideracións éticas do uso da intelixencia artificial.

Que podes dicir do centro que visitaches?

 Europass é unha escola céntrica e acolledora, con varias aulas, algunhas con parede transparente, persoal con inglés fluido e disposto a axudar.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Contraste de experiencias con participantes de distintas cidades europeas, aprendizaxe de distintos modos de utilización da IA para optimizar as sesións lectivas.

Que cres que podería mellorar?
Un convenio no que se incluise aloxamento cercano ao centro.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Recomendarías esta experiencia a outros profesores? Por suposto

Comentarios

Publicacións populares