Obradoiro sobre o emprego de H5P para crear materiais interactivos
Avanzamos na mellora da dixitalización cunha sesión formativa sobre como crear contidos interactivos nas aulas virtuais coa ferramenta H5P, impartida esta mañá por Mariló Velez, xefa de estudos da Sección de Ribeira e profesora do departamento de inglés.
Os contidos creados con H5P:
- Son máis intuitivos e atractivos
- Interactivos
- Permiten a retroalimentación inmediata
- Fomentan a autonomía na aprendizaxe
- Poden editarse e compartirse fácilmente
Procuraremos empregar esta ferramenta na actualización dos cursos de actualización semipresenciais existentes e na creación de cursos novos.
Grazas, Mariló, por unha sesión excepcional!
Comentarios
Publicar un comentario