Avaliación Formativa e Erasmus+: a EOI Santiago comparte a súa experiencia de transformación curricular
O pasado 10 de maio, o director da EOI de Santiago de Compostela, Gonzalo Constenla, participou como relator no Encontro Internacional Erasmus+ 2025, organizado polo CAFI Galicia. A súa intervención estivo centrada na presentación da experiencia da nosa escola no marco do proxecto Avalia+, unha iniciativa que combina a formación interna (PFPP) coa mobilidade europea, co obxectivo de mellorar a avaliación nas ensinanzas de idiomas.
Baixo o título "Avaliación formativa e Erasmus+: unha experiencia de transformación curricular na EOI Santiago", o director expuxo as accións desenvolvidas durante o período 2020–2023: desde a integración da avaliación formativa no proxecto educativo e nas programacións didácticas ata a creación de materiais compartidos, formación en cascada e un cambio metodolóxico profundo no centro.
A súa intervención contou con gran acollida por parte do público asistente, demostrando que a combinación de formación interna e internacional permite avanzar cara a unha educación máis xusta, motivadora e eficaz.
📷 Eliseu Mera
Podes consultar o soporte dixital da presentación nesta ligazón.
🔗 Máis información sobre Avalia+:
https://eoisantiago.wixsite.com/avalia
https://erasmuseoisantiago.blogspot.com/
Comentarios
Publicar un comentario