Curso en Niza sobre aprendizaxe centrada no alumno
Matilde Cobas, profesora do departamento de inglés e xefa da sección de Ordes, ven de realizar un curso en Niza, Francia, sobre aprendizaxe centrada no alumno no que aprender estratexias e técnicas para facer ao alumnado responsable da súa aprendizaxe e para axudarlle a adquirir destrezas necesaria na sociedade do século XXI.
En que consistíu a túa mobilidade?
Fixen un curso sobre aprendizaxe centrado no aprendiz; como facer que a aprendizaxe sexa máis duradeira; métodos centrados no aprendiz; emprego de ferramentas de IA para potenciar a motivación
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Aplicación de ferramentas de IA na aula de idiomas.
Que podes dicir do centro que visitaches?
É unha escola pequena que ofrece cursos de francés e inglés, así como cursos de formación de profesorado.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
O contacto cun grupo de profesionais con experiencias moi interesantes.
Que cres que podería mellorar?
Quizais a organización e realización de actividades culturais.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores? Por suposto.
Comentarios
Publicar un comentario