Posta en común de catro mobilidades Erasmus

 Esta tarde tivo lugar una sesión moi interesante na que catro profesoras participantes no noso proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA121-ADU-000208479 compartiron os aspectos máis relevantes da súa experiencia de mobilidade.


Cristina Rodríguez, profesora do departamento de inglés, participou nun curso de inverno sobre avaliación de idiomas por tarefas en Innsbruck no que da man de persoas expertas na materia aprendeu sobre a autencidade dos textos, os requisitos das tarefas, os criterios de avaliación e a multimodalidade no formato das tarefas. Ademáis, tivo a oportunidade de presentar o sistema de avaliación e certificación nas EEOOII de Galicia e de recibir feedback construtivo das persoas formadoras e participantes. Logo da sua intervención, xerouse un debate moi construtivo sobre a necesidade de deseñar tarefas de calidade e de buscar un equilibrio entre o cumprimento da tarefa e o dominio do idioma.


Carla Dechant, profesora do departamento de inglés e coordinadora do Plan Dixital de centro, realizou un curso sobre intelixencia artificial (IA) en Malta. Entre o máis destacable da mobilidade mencionou a posibilidade de intercambiar experiencias con profesorado de distintos países e o aprendido sobre a historia da IA, o debatido sobre cuestión éticas no uso da IA para o ensino e aprendizaxe de idiomas, a comparativa feita entre as grandes ferramentas de IA: Claude, ChatGPT, Copilot e Gemini e ferramentas útiles para o profesorado e alumnado coma Eduaide AI, Magic School e Revisely.

 


María Luisa Rodríguez, profesora de inglés na sección de Sar, tamén fixo un curso sobre IA. Tivo lugar en Roma e centrouse en como esta tecnoloxía ten potencial para axudar a que alumnado de idiomas active o que se coñece como “as 6Cs”: creatividade, pensamento crítico, colaboración, comunicación, carácter e cidadanía, sempre facendo un uso responsable, respetuoso e crítico.



Finalmente, proxectouse un vídeo-presentación no que Alba Prieto, profesora de inglés na sección de Ordes, compartíu o aprendido nun curso sobre inclusión en Dublín, entre o que cabe destacar pautas, exemplos de ferramentas IA,  estratexias e actividades para adaptar a nosa docencia ás necesidades e aos intereses do noso alumnado segundo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe: ofrecer opcións para que todo o alumnado poida chegar ás metas de aprendizaxe, eliminando na medida do posible barreiras que lles impidan implicarse, comprender ou usar a información transmitida.

 




Comentarios

Publicacións populares