Estadía de observación en Viena
María Cristina González Piñeiro, xefa do departamento de Itailano, realizou unha estadía de observación en Viena, do 22 ao 26 de setembro.
Cristina comparte con nós a súa experiencia nesta entrevista.
En que consistiu a túa mobilidade?
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Os
profesionais cos que estiven en contacto: son persoal experto en
elaboración de probas de certificación lingüística, profesorado
austríaco de italiano de secundaria, profesorado universitario
especializado no ensino da lingua italiana e tamén había representación
dun ente de certificación do italiano de validez internacional.
Alén
da riqueza lingüística e contenutística do intercambio e debate, foi
unha grande ocasión de aprendizaxe poder observar como se desenvolve
esta etapa do ciclo da avaliación certificativa.
Que cres que podería mellorar?
Nada. Unha experiencia inmellorable. Sempre aprendo moito nas mobilidades Erasmus + pero esta foi unha experiencia de aprendizaxe inmensa.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Esta
estadía correspondíase perfectamente ao meu perfil e necesidades de
aprendizaxe. Recomendo procurar experiencias que cumpran o máis posíbel
estes requisitos. Ministerio Federal de Educación de Austria As
dependencias do Ministerio que visitei reflicten o valor que nese país
se recoñece á educación. Contan con medios tecnolóxicos, instalacións
eficientes e tamén coidan do benestar dos traballadores habilitando
espazos acolledores e prácticos para os ocasionais momentos de pausa.
Ademais, os arredores son idílicos.
Comentarios
Publicar un comentario