Mobilidade sobre diversidade na aula
Laura Rodríguez Cochón, profesora do departamento de inglés na sección de Ordes, realizou unha actividade formativa en Austria, no mes de febreiro.
Laura responde a varias preguntas sobre a súa experiencia nesta experiencia.
En que consistiu a túa mobilidade?
Fixen un curso de 6 días sobre diversidade na aula, en Viena, en Fremdsprachenzentrum EUROPASS ACADEMY ATHENA.
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Destacaría os contidos sobe DUA e os contidos sobre instructional design learning principles.
Que podes dicir do centro que visitaches?
Fremdsprachenzentrum EUROPASS ACADEMY ATHENA está moi céntrico, moitos servizos preto, as aulas tiñan luz natural e proxector que funcionaba ben pero ás veces o espazo da aula podían facerse algo pequeno; sobre todo se nos movíamos de sitio ou facíamos algunha actividade que non implicara estar sentadas.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Penso que máis positivo foi a oportunidade de compartir experiencias educativas con outros profesionais europeos, os contidos sobe DUA e tamén os contidos sobre instructional design learning principles.
Que cres que podería mellorar?
Durante
as clases, os docentes deberíamos evitar xuntarnos por países e sobre
todo, xuntarnos con outras persoas da nosa propia escola. Non ten
sentido discutir ideas novas ca mesma xente ca que xa traballas xa que
isto se pode facer á volta. Isto ademais propicia que nos descansos e ó
acabar as clases, non interactuemos entre nós e cada un vaia polo seu
lado.
Inda que xa sabía de antemán que o meu curso era sobre un
tema bastante amplo "diversidade na aula", teríalle sacado máis proveito
se o curso estivera centrado en 2 ideas principais, por exemplo:
principios DUA e instructional design principles. Se tratamos moitos
temas, por interesantes que sexan, non temos tempo físico de volta no
noso centro para facer investigación sobre o que nos interesou e
aplicalo ás nosas aulas. Todo iso deberíamos poder facelo durante os
cursos.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Si, a recomendaría.
proxectoK1212024, mobilidades


Comentarios
Publicar un comentario