Mobilidade en Roma sobre ferramentas TIC

Aida Prado, profesorado departamento de Inglés na sección de Ribeira, comparte con nós a súa experiencia Erasmus+.



En que consistíu a túa mobilidade?

A miña mobilidade consistiu nun curso de formación de ferramentas TIC para unha aula creativa e colaborativa, entre o 9 e  o 14 Marzo de 2026. 



Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?

O aspecto que encontrei máis positivo foi o ambiente internacional que se crea xunto co feito de poder coñecer novas ferramentes para a planificación das clases e a creación de novos materiais que se axusten máis a realidade.


 

Que cres que podería mellorar?

Penso que a experiencia tería sido aínda máis aproveitable se nos xuntaran por materias similares ou perfil de alumnado similar. O feito de ser un grupo con maestros de primaria, profes de secundaria de outras asignaturas, etc. facía que non todos os contidos e visitas culturais fosen do agrado de todos. Pero, por outra banda, a nivel persoal foi unha experiencia moi enriquecedora en gran parte por vir todos de contextos moi dispares.

 Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?

Os contidos máis relevantes centráronse fundamentalmente no uso de ferramentas interactivas e dixitais que faciliten a labor do profesorado no relativo á preparación de materiais para as clases. Algo especialmente útil para sesións longas como as que temos nas EOIs.



 

Que podes dicir do centro que visitaches?

Europass Teacher Academy é un centro que  ten unha ubicación fantástica, a escasos minutos andando das maiores atraccións que visitar na cidade. En canto as instalacións, é unha escola pequena, con aulas para aproxidamente 10-15 alumnos/as e unha sala de descanso onde poder facer algún descanso mentras que tomas un café e interactúas con profesorado de outras nacionalidades e escolas.

 

Recomendarías esta experiencia a outros profesores? 

Recomendo esta experiencia a todo o profesorado interesado en vivir unha nova experiencia nun contexto internacional, aprendendo contidos moi útiles para a ensinanza e compartindo experiencias educativas con docentes de outras nacionalidades e culturas.


En xeral, que balance fas desta mobilidade? 

Moi satisfactorio 

Comentarios

Publicacións populares