Perspectivas da lingua alemá en Europa
Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Asistencia ao 62 Congreso do IDS centrado nas perspectivas da lingua alemá en Europa e o alemán como lingua minoritaria, o discurso público e o uso lingüístico comparativo, a gramática e o multilingüismo.
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
As perspectivas da lingua alemá como lingua pluricéntrica en Europa e lingua de minorías.
O uso de corpus e de recollida de datos para a análise e promoción da produción oral e discursiva auténtica.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?A actualización sobre a investigación actual ao redor da lingua alemá, así como as perspectivas da lingua como espazo de encontro europeo, así como as perspectivas dunha didáctica do alemán en Europa.
O intercambio entre investigación académica e didáctica da lingua
Que cres que podería mellorar?
Máis espazos para a discusión e o debate en grupo.
Que podes dicir do centro que visitaches?
O Leibniz-Institut für Deutsche Sprache (IDS) é o centro de referencia en investigación científica sobre a lingua alemá en Alemaña, con dúas liñas principais:
Por unha banda, o programa “Lingua no espazo público” analiza cuestións sobre o status e a función do alemán na sociedade, servindo como ponte entre o interese público e o estudo científico da lingua.
Por outra, o “Centro de documentación da lingua alemá” actúa como núcleo científico do “Foro da Lingua Alemá”, centrado no desenvolvemento de métodos para recoller e documentar a lingua, así como na realización de proxectos de ciencia cidadá en investigación lingüística.
Alén diso, o centro divídese en Departamentos específicos, como o de Departamento de Gramática, o de Léxico, o de Pragmática e o de Lingüística Dixital.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio


Comentarios
Publicar un comentario