Curso en Estocolmo sobre motivación e empoderamento do profesorado
Teresa Moralejo, a nosa xefa de estudos e profesora de inglés, ven de realizar un curso de 6 días sobre motivación e empoderamento do profesorado en Estocolmo.
Velaquí un resumo da súa experiencia a través de varias preguntas:
Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
A parte sobre manexo da enerxia foi moi valiosa
Que podes dicir do centro que visitaches?
Todo estivo moi ben organizado. As instalacións en si foron moi axeitadas e acolledoras, e permitiron variar as dinámicas de traballo durante o curso.
Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Ademais dos contidos do curso, ter a oportunidade de coñecer a cultura sueca e traballar con profesorado doutras partes de España e de Alemania, Bélxica, Lituania e Portugal, e abrir a posibiliade de traballar conxuntamente noutras accións do programa Erasmus.
Que cres que podería mellorar?
Nada, todo o relacionado coa mobilidade e a súa preparación foi moi satisfactorio.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto






.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario