Curso en Malta sobre integración e TIC

 Irene Pichel, profesora de español para estranxeiros, ven de realizar un curso en Valletta, Malta, sobre como sacarlle partido as TIC para integrar a alumnado migrante.

Velaquí un resumo da súa experiencia a través de varias preguntas:

En que consistíu a túa mobilidade?

Realización do curso 'Use ICT to Integrate Migrant Students in your Classroom'

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?

O uso de técnicas e ferramentas para axilizar e automatizar a personalización de actividades de aula en función da procedencia do alumnado, o coñecemento de plataformas para fomentar o traballo colaborativo dando a coñecer a cultura do lugar de orixe e tamén para a creación de actividades que impliquen a interacción na lingua meta coa comunidade do país de acollida. 

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?

Sen dúbida a posibilidade de intercambiar experiencias con profesorado que traballa con alumnado de perfís semellantes (adulto, migrante, refuxiado, etc...) en contextos culturais e eductivos diversos. 


Que cres que podería mellorar?

Por razóns organizativas o curso estivo focado excesivamente na difusión do coñecemento e o  emprego de ferramentas de intelixencia artificial pero non trataron os contidos relativos ás abordaxes educativas focadas no alumnado sen educación formal ou a técnicas específicas para a creación de entornos educativos inclusivos. 

En xeral, que balance fas desta mobilidade?

Moi satisfactorio

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?

Por suposto

Comentarios

Publicacións populares