Curso en Trapani sobre colaboración e traballo en equipo

 Laura Iglesias, a coordinadora de programas europeos e profesora de inglés, ven de realizar un curso de 6 días sobre colaboración e traballo en equipo en Trapani, Sicilia. 


Velaquí un resumo da súa experiencia a través de varias preguntas:

En que consistíu a túa mobilidade?

Realicei un curso de formación sobre como fomentar o sentimento de pertenza ao grupo, a colaboración e a cohesión de equipos en Trapani, Italia. O enfoque foi moi práctico e participativo, cun clima de confianza e respeto entre as persoas participantes procedentes de distintos países europeos. 

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?

Os contidos desta formación paréceronme moi relevantes e útiles en xeral. O curso  proporcionou recursos prácticos, coma diferentes xogos e dinámicas facilmente aplicables, que agardo que me axuden a crear un ambiente máis inclusivo, motivador e favorecedor da aprendizaxe nas miñas aulas.

Que podes dicir do centro que visitaches?

O centro de acollida, Europass Teacher Academy, está situado nun edificio histórico en Trapani, nun contexto cultural enriquecedor e motivador. O curso estivo moi ben organizado e o docente transmitiu unha grande profesionalidade, creando un ambiente de respecto, dinamismo e motivación que favoreceu a aprendizaxe e a participación activa. En resumo, o centro proporcionou os medios necesarios para unha estadía formativa de calidade.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?

A experiencia en xeral foi positiva e enriquecedora. Destacaría a cercanía do docente, as dinámicas e xogos prácticos que realizamos e a posibilidade de compartir experiencias con docentes de diferentes países, sen esquecer a clase de cociña típica de Trapani que recibimos e o contexto cultural que ofrece esta cidade.

Que cres que podería mellorar?

Nada, todo o relacionado coa mobilidade foi moi satisfactorio. 

En xeral, que balance fas desta mobilidade?

Moi satisfactorio

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?

Por suposto


Comentarios

Publicacións populares